Negra sombra que me asombras (I)

| Posted on diciembre 30, 2017

0

Nun mundo onde non hai deuses nin demos, nin heroes nin monstros, ela era un anxo vivindo no inferno do Edén. A elegancia desfilaba á súa par; un vestido branco que ondeaba ó camiñar e deixaba  entrever as súas pernas, firmes e seguras. Columna ergueita; cabeza alzada; ás parcialmente estendidas. O seu cabelo caía en ondas castañas, que a cada paso, en movemento harmónico simple, semellaban resortes. Co ritmo nos seus ósos e afouteza por mirada desfilaba rompendo pescozos. Parecía unha divindade envolta en aceptación social, mais un eu omnisciente era quen de derrubar o palacio de cristal e arrincarlle esa carauta para reducila a po de estrelas.
Enfundada en medo e asustada reptaba polas rúas que nin as ratas querían pisar, facendo calquera cousa con tal de conseguir un bico daquel néctar destilado. Brillaba coma una suculenta peza de carne, acabada de facer e desexada por todos.

Tes a menciña que necesito. Non me deixes con esta inquedanza. Óesme xemer e ves a miña man, ansiosa, percorrer o meu pescozo, coma se nel estivese aquilo que devoro coa mirada.
Fama, alcohol e amor; quéroo todo. Só che pido que sexa amodo. Quéroo sentir baixando a devagar pola miña gorxa, que me encha o corazón.

Coloca as túas mans na miña cintura. Percórreme enteira, suavemente. Respira. Pon a túa cabeza nos meus ombreiros. Pecha os ollos, xírate e mírame á cara. Sinte a miña quentura na túa pel. Sen roupa, extinguindo o lume dos deuses. Queima a túa vergoña.

Parasitismo

| Posted on diciembre 23, 2017

0

Se acercó. Reptando.

Miraba con deseo.
Su huesuda mano palpaba los frutos,
sintiendo su esencia,
atrapándola en su memoria.

Cogía los mejores,
los devoraba.
Cada bocado:
un éxtasis rejuvenecedor y una devastación marchitadora.


Se alejó. Caminando.

Fusión

| Posted on diciembre 17, 2017

1

Era humo.
Negro. Asfixiante.
Cruel, malvado y sádico.
Farsante, difuso, onírico... etéreo.

Es niebla.
Densa. Espesa.
Húmeda, fría y distante.
Quimérica, turbia, farragosa... opaca.

Será fango.
Cenagoso. Pestilente.
Decadente, impúdico y putrefacto.
Infecto, ponzoñoso, purulento... corrosivo.